martes, 25 de noviembre de 2008

Eau de Marte

Semella que dentro de pouco tempo, poderemos atopar auga de Marte nos estantes de "supers e tendas", bueno, non sei se chegará a ter tanta difusión, polo menos a curto plazo, pero o que está claro é que en poucos anos ter unha botella con auga marciana non será unha fantasía propia dunha peli futurista, e é que se en agosto, a NASA (axencia espacial norteamericana) recoñecía, tras longos anos de supusicións e teorías, que, efectivamente, no Planeta Roxo, temos auga, polo menos en estado sólido.
Pero o asunto non quedou só nese achazgo de xeo, senón que esta semana, un grupo de científicos, afirmou descubrir unha serie de glaciares, algún máis grande que a cidade de Los Ángeles, baixo a rocha da superficie marciana, o que fai pensar que igual nun pasado relativamente cercano a auga corría por Marte, como hoxe faino pola Terra.
Outro dos achazgos máis chamativos nesta materia, foi, que no planeta ó que me refiro, hai varios millóns de anos, houbo un océano do tamaño duns 20 mediterráneos ocupando gran parte do planeta.
Aínda que a existencia de auga non proba que ocurra o mesmo ca vida, estos descubrimentos, abren un sinfín de soños de atopar a tan imaxinada vida extraterrestre.
En fin... tan só son especulacións, pero o que parece estar claro é que nalgún remoto lugar do Universo, hai, houbo e haberá vida. Se algún día daremos con ela, non o sei, pero ata entón só podemos imaxinar.
Déixovos unhas fotos dunhas nebulosas e do Planeta Roxo.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Excursión científica

Este martes, gran parte dos alumnos de 4º ESO, entre os que me atopo, fomos de excursión a Ourense, a ver unha "feira-exposición científica". Seguramente, vos preguntaredes que para que conto esto aquí, se esta bitácora vai sobre o medioambiente, non sobre as excursións do centro; pero resulta que o medioambiente está estreitamente ligado coa ciencia, de feito, a ciencia depende en gran medida do medioambiente e á inversa, pois sen medioambiente non habería ciencia, e sen ciencia, hoxe en día o medioambiente atoparíase moito máis perxudicado do que xa o está, que lamentablemente, non é pouco.
E é que con toda a preocupación actual acerca do cambio climático, o deterioro da natureza, a contaminación... na ciencia atópase a única saída realmente viable deste grave problema, polo menos, dende o meu punto de vista.
En Galiciencia, así se chamaba a actividade, puidemos ver dende curiosos e divertidos experimententos relacionados coa física e a química, e non me refiro á serie, ata unha reportaxe fotográfica sobre o Espazo, pasando por unha serie de proxectos doutros institutos que trataban todo tipo de temas, moitos deles relacionados co coidado ambiental e co aforro de materias primas, e que se todos realizásemos, e, sobre todo, aplicásemos á nosa vida diaria, contribuiríamos a facer deste planeta, un lugar mellor.
As fotos pertencen á web do Laxeiro.

martes, 11 de noviembre de 2008

Vivir enbotellado



En Tailandia, podemos atoparnos con moitas mostras arquitectónicas cada cal máis curiosa, pero se unha chama especialmente a atención a lugareños e visitantes, é "Wat pa Maha Kaen", un templo budista que, quizáis, sexa o primeiro paso cara a arquitectura do futuro, e é que este templo, está construído en exclusiva con máis dun millón de envases de vidro, concretamente de cervexa.
A idea ocurríuselles a un grupo de monxes budistas, como iniciativa para promover a edificación ecolóxica e a reciclaxe, e movilizaron a toda a poboación dos arredores para que lles axudase no seu periplo e recollese todos os vidros posibles, de xeito que, unha vez tiveron suficientes envases, comezaron a construcción unindo as botellas de cervexa con argamasa, de forma que lograron un xenial edificio inmaculado cas cores de Heineken e Chang (verde e marrón), as únicas marcas que empregaron.
Quen sabe? Quizáis nun futuro non tan lonxano, vivamos nós tamén en casas feitas de botellas, e un edificio destas características, deixe de ser algo tan peculiar.