viernes, 21 de noviembre de 2008

Excursión científica

Este martes, gran parte dos alumnos de 4º ESO, entre os que me atopo, fomos de excursión a Ourense, a ver unha "feira-exposición científica". Seguramente, vos preguntaredes que para que conto esto aquí, se esta bitácora vai sobre o medioambiente, non sobre as excursións do centro; pero resulta que o medioambiente está estreitamente ligado coa ciencia, de feito, a ciencia depende en gran medida do medioambiente e á inversa, pois sen medioambiente non habería ciencia, e sen ciencia, hoxe en día o medioambiente atoparíase moito máis perxudicado do que xa o está, que lamentablemente, non é pouco.
E é que con toda a preocupación actual acerca do cambio climático, o deterioro da natureza, a contaminación... na ciencia atópase a única saída realmente viable deste grave problema, polo menos, dende o meu punto de vista.
En Galiciencia, así se chamaba a actividade, puidemos ver dende curiosos e divertidos experimententos relacionados coa física e a química, e non me refiro á serie, ata unha reportaxe fotográfica sobre o Espazo, pasando por unha serie de proxectos doutros institutos que trataban todo tipo de temas, moitos deles relacionados co coidado ambiental e co aforro de materias primas, e que se todos realizásemos, e, sobre todo, aplicásemos á nosa vida diaria, contribuiríamos a facer deste planeta, un lugar mellor.
As fotos pertencen á web do Laxeiro.

0 comentarios: