viernes, 5 de diciembre de 2008

Como funciona a enerxía solar?

Sen dúbida é unha boa pregunta, porque nin eu mesmo que escribo neste blogue, que me interesa o tema e me teñen falado del unhas cantas veces na clase o sei a ciencia certa.
Moito falamos de paneis solares, avances da ciencia, enerxía solar... pero o funcionamento desta enerxía é máis complexo que poñer un panel ó sol e agardar a que se quente a auga ou unha batería empece a encherse, por dicilo dalgunha maneira, que son os usos máis habituais que lle damos a esta tecnoloxía, neste post, eu voume centrar na segunda, é dicir, o sol como fonte de electricidade para sistemas solares fotovoltaicos.

En principio, a forma na que se captura a luz do sol para convertela en electricidade faise a través de paneis solares compostos de grupos das coñecidas como células ou celdas solares que son as responsables de transmitir a enerxía luminosa en enerxía eléctrica.
Esta enerxía concéntrase nun circuito para aumentar a tensión de saída da electricidade para poder se utilizada tras pasar por un convertidor de potencia, de xeito, que obteñamos corrente alterna que é a que utilizamos nas nosas casas.
Unha célula solar funciona do seguinte xeito: os fotóns que proveñen da radiación solar, impactan sobre a superficie da célula e son absorvidos por materiales semiconductores como o silicio. Os fotóns golpean ós electróns liberándoos dos átomos ós que perteñecían, así, os electróns comezan a circular polo material producindo a electricidade.

Este procedemento, é utilizado en todos os procesos de producción de enerxía solar a través de paneis. Estes paneis, están formados por células de silicio, un material moi abundante no planeta, pero dificil de preparar para a súa utilización, polo que se está investigando en novos materiais para os paneis solares do futuro.
A verdade é que quedoume unha entrada un tanto aburrida e complexa, pero bueno, espero que vos quede máis claro como se produce gran parte da enerxía que consumimos, e, sobre todo, como se xerará a enerxía do futuro.