viernes, 5 de diciembre de 2008

Como funciona a enerxía solar?

Sen dúbida é unha boa pregunta, porque nin eu mesmo que escribo neste blogue, que me interesa o tema e me teñen falado del unhas cantas veces na clase o sei a ciencia certa.
Moito falamos de paneis solares, avances da ciencia, enerxía solar... pero o funcionamento desta enerxía é máis complexo que poñer un panel ó sol e agardar a que se quente a auga ou unha batería empece a encherse, por dicilo dalgunha maneira, que son os usos máis habituais que lle damos a esta tecnoloxía, neste post, eu voume centrar na segunda, é dicir, o sol como fonte de electricidade para sistemas solares fotovoltaicos.

En principio, a forma na que se captura a luz do sol para convertela en electricidade faise a través de paneis solares compostos de grupos das coñecidas como células ou celdas solares que son as responsables de transmitir a enerxía luminosa en enerxía eléctrica.
Esta enerxía concéntrase nun circuito para aumentar a tensión de saída da electricidade para poder se utilizada tras pasar por un convertidor de potencia, de xeito, que obteñamos corrente alterna que é a que utilizamos nas nosas casas.
Unha célula solar funciona do seguinte xeito: os fotóns que proveñen da radiación solar, impactan sobre a superficie da célula e son absorvidos por materiales semiconductores como o silicio. Os fotóns golpean ós electróns liberándoos dos átomos ós que perteñecían, así, os electróns comezan a circular polo material producindo a electricidade.

Este procedemento, é utilizado en todos os procesos de producción de enerxía solar a través de paneis. Estes paneis, están formados por células de silicio, un material moi abundante no planeta, pero dificil de preparar para a súa utilización, polo que se está investigando en novos materiais para os paneis solares do futuro.
A verdade é que quedoume unha entrada un tanto aburrida e complexa, pero bueno, espero que vos quede máis claro como se produce gran parte da enerxía que consumimos, e, sobre todo, como se xerará a enerxía do futuro.

martes, 25 de noviembre de 2008

Eau de Marte

Semella que dentro de pouco tempo, poderemos atopar auga de Marte nos estantes de "supers e tendas", bueno, non sei se chegará a ter tanta difusión, polo menos a curto plazo, pero o que está claro é que en poucos anos ter unha botella con auga marciana non será unha fantasía propia dunha peli futurista, e é que se en agosto, a NASA (axencia espacial norteamericana) recoñecía, tras longos anos de supusicións e teorías, que, efectivamente, no Planeta Roxo, temos auga, polo menos en estado sólido.
Pero o asunto non quedou só nese achazgo de xeo, senón que esta semana, un grupo de científicos, afirmou descubrir unha serie de glaciares, algún máis grande que a cidade de Los Ángeles, baixo a rocha da superficie marciana, o que fai pensar que igual nun pasado relativamente cercano a auga corría por Marte, como hoxe faino pola Terra.
Outro dos achazgos máis chamativos nesta materia, foi, que no planeta ó que me refiro, hai varios millóns de anos, houbo un océano do tamaño duns 20 mediterráneos ocupando gran parte do planeta.
Aínda que a existencia de auga non proba que ocurra o mesmo ca vida, estos descubrimentos, abren un sinfín de soños de atopar a tan imaxinada vida extraterrestre.
En fin... tan só son especulacións, pero o que parece estar claro é que nalgún remoto lugar do Universo, hai, houbo e haberá vida. Se algún día daremos con ela, non o sei, pero ata entón só podemos imaxinar.
Déixovos unhas fotos dunhas nebulosas e do Planeta Roxo.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Excursión científica

Este martes, gran parte dos alumnos de 4º ESO, entre os que me atopo, fomos de excursión a Ourense, a ver unha "feira-exposición científica". Seguramente, vos preguntaredes que para que conto esto aquí, se esta bitácora vai sobre o medioambiente, non sobre as excursións do centro; pero resulta que o medioambiente está estreitamente ligado coa ciencia, de feito, a ciencia depende en gran medida do medioambiente e á inversa, pois sen medioambiente non habería ciencia, e sen ciencia, hoxe en día o medioambiente atoparíase moito máis perxudicado do que xa o está, que lamentablemente, non é pouco.
E é que con toda a preocupación actual acerca do cambio climático, o deterioro da natureza, a contaminación... na ciencia atópase a única saída realmente viable deste grave problema, polo menos, dende o meu punto de vista.
En Galiciencia, así se chamaba a actividade, puidemos ver dende curiosos e divertidos experimententos relacionados coa física e a química, e non me refiro á serie, ata unha reportaxe fotográfica sobre o Espazo, pasando por unha serie de proxectos doutros institutos que trataban todo tipo de temas, moitos deles relacionados co coidado ambiental e co aforro de materias primas, e que se todos realizásemos, e, sobre todo, aplicásemos á nosa vida diaria, contribuiríamos a facer deste planeta, un lugar mellor.
As fotos pertencen á web do Laxeiro.

martes, 11 de noviembre de 2008

Vivir enbotellado



En Tailandia, podemos atoparnos con moitas mostras arquitectónicas cada cal máis curiosa, pero se unha chama especialmente a atención a lugareños e visitantes, é "Wat pa Maha Kaen", un templo budista que, quizáis, sexa o primeiro paso cara a arquitectura do futuro, e é que este templo, está construído en exclusiva con máis dun millón de envases de vidro, concretamente de cervexa.
A idea ocurríuselles a un grupo de monxes budistas, como iniciativa para promover a edificación ecolóxica e a reciclaxe, e movilizaron a toda a poboación dos arredores para que lles axudase no seu periplo e recollese todos os vidros posibles, de xeito que, unha vez tiveron suficientes envases, comezaron a construcción unindo as botellas de cervexa con argamasa, de forma que lograron un xenial edificio inmaculado cas cores de Heineken e Chang (verde e marrón), as únicas marcas que empregaron.
Quen sabe? Quizáis nun futuro non tan lonxano, vivamos nós tamén en casas feitas de botellas, e un edificio destas características, deixe de ser algo tan peculiar.

jueves, 23 de octubre de 2008

Ola de novo!

Ola de novo compañeir@s, como saberedes de sobra, o curso voltou comezar e con el as actividades do comité ambiental do noso instituto.
Este ano, ademais, comezamos forte e con máis ganas que nunca e xa empezamos a traballar nalgúns dos nosos proxectos habituais, como facer xabón ou organizar actividades como a participación nunha feira para recaudar cartos para a excursión de cuarto.
Bueno, pois non vos aburro máis, só dicirvos que agardo que a partires de agora publiquemos máis nesta bitácora e que consigamos crear un lugar de reunión no que todos participemos, incluso, se vos animades, podemos crear o noso propio foro para falar dun xeito máis agradable.
Xa por último, comentarvos que non nos virían mal uns colaboradores, polo que se queredes participar non tedes máis que enviarme un mail e agrégovos como participantes.
Un saúdo a tod@s.

miércoles, 9 de julio de 2008

Pechamos por vacacións

Infórmovos de que por mor das vacacións de verán, non imos publicar máis nada nesta bitácora ata que volvan comezar as clases e con elas as actividades da axenda 21. A verdade é que este curso non nos esmeramos moito (fixemos todo o que puidemos) e o número de entradas publicadas foi irrisorio, aspecto que nos gustaría que cambiase para o próximo ano para o cal precisamos da túa axuda, así que xa sabes, se queres participar nesta bitácora escribe un mail á dirección que poñemos ou fala con Rosa Mato, a profesora de Física é Química, agardamos a túa colaboración. Féliz verán a todos!

miércoles, 21 de mayo de 2008

O Vaticano adoptará la energía solar para unha sala de audiencias

Se necesitabamos un empuxón para as enerxías renovables, que o Papa se una á cruzada é unha boa nova. E si, parece que Benedicto XVI quere que o estado pontifico, o Vaticano, comece a utilizar as enerxías renovables como fonte de electricidade.

A idea é instalar unha planta solar na sala de audiencias "Aula Pablo VI". Alí instalarán uns dous mil paneis solares sobre o teito da aula ubicada na parte este do Vaticano. A instalación solar producirá uns 315 megavatios de enerxía solar ao ano.

Sen dúbida esto é máis unha forma de difusión da enerxía solar, que unha táctica de aforro real, verán reducido o seu gasto, xa que a iluminación da sala de audiencias correrá toda por conta da enerxía solar. E non só iso, senón tamén a climatización dunha sala con seis mil butacas.

A empresa encargada de construir a planta será a empresa alemá SolarWorld, que instalarán os paneis no próximo verán. O presidente da compañía, Frank Asbexk, dixo que esta instalación no Vaticano, é parte dunha campaña para promover a enerxía solar en Italia, un mercado que ten moito potencial.

Se recordan os lectores fieis, hai exactamente un ano demos a coñecer esta mesma nova, aínda que, ó parecer a iniciativa non seguiu o seu curso, esperemos que esta vez si se leve a cabo.

domingo, 4 de mayo de 2008

A pintura que depura o aire

Científicos do Instituto de Química da Universidade de Earlangen, en Alemaña, crearon unha pintura que en lugar de desprender substancias tóxicas, axuda a depurar as que hai no aire.A pintura,provista dun pigmento chamado dióxido de titanio, reacciona ante os raios UVA e consegue eliminar substancias como monóxido de carbono, formaldehído, dicloroetileno e benzol. Outra das utilidades deste pigmento é absorber olores fortes como os da cociña, cigarros e diluentes en xeral nos recintos cerrados.

O planeta Terra, afogado na basura espacial


Dende que o 8-10-57 o Sputnik foi lanzado ao espazo, máis de 6000 satelites foron postos en órbita. E, aínda que moitos deles acaban caendo á Terra, outros quedan flotando no espazo despois de cumprir coa súa misión. É o que coloquialmente se chama "lixo espacial"e en só 50 anos foise convertendo nun grave problema.

miércoles, 30 de abril de 2008

O que contamina a antorcha olímpica...!

O percorrido da antorcha, dende que se encendeu o pasado 24 de marzo no templo de Hera en Olimpia(Grecia), ata que chegue ao estadio Nacional de Pekín, o próximo 8 de agosto, supoñerá unha emisión á atmosfera de 5.500 toneladas de CO2.
As emisións proveñen da combustión que xera o avión (un Airbus 330 de Air China- especialmente acondicionado para transportala nos 137.000 kilómetros que percorrerá para visita-las 136 cidades de 20 países nos cinco continentes.
O Airbus 330 emplea 12,7 litros de combustible por kilómetro, o que significa un gasto total de 1,75 millóns de litros de combustible. Como por cada litro que se queima van 3,1 kilogramos de CO2 á atmosfera, as emisións ascenden a 5.500 toneladas.
O comité organizador de Londres 2012 quere que os seus xogos sean os máis limpos da historia, xa encargou á empresa francesa EDF que busque un combustible alternativo ao propano e que contamine menos.

viernes, 25 de abril de 2008

Taxi solar


Un aventureiro suizo está percorrendo o mundo nun taxi, que funciona con enerxía solar!!! faino para fomentar o uso desta enerxía e demostrar que hai máis maneiras de poñer en funcionamento un automóvil que o uso dos combustibles fósiles e non se lle ocorreu nada mellor que coller un coche que funcionase grazas á enerxía producida por varias placas solares e poñerse a pecorrer o mundo dun extremo a outro.

O coche e máis este aventureiro chaman a atención alí onde van e xa os recibiron animosamente en Suiza, China.... e en outras moitas cidades que percorreron. O automóvil foi fabricado con axuda de catro universidades suizas e pode alcanzar unha velocidade de ata 90 Kms hora. Estaremos ante un o futuro? Conduciremos coches que funcionen con placas solares?

viernes, 18 de abril de 2008

Descobren unha nova forma para acabar co efecto invernadoiro:


Investigadores dos laboratorios nacionais de Sandia, Novo México, USA, descubriron unha forma de utilizar a luz solar para reciclar o dióxido de carbono e producir combustible como metanol ou gasolina.

O proxecto foi apodado Sunlight to Petrol (luz solar a petróleo), e o que fai é revertir o proceso de combustión ao recobrar os bloques de hidrocarbonos. Logo poden ser utilizados para sintetizar combustibles líquidos como metanol ou gasolina. Segundo os investigadores, a tecnoloxía xa funciona, e pode axudar a reducir as emisións de gases invernadoiro que están a produciren o quecemento global. Igualmente para poder implementalo a grande escala estiman que poderían facelo dentro duns dez anos.

A idea central é axudar a reducir os efectos que producen os combustibles fósiles.

Antes a idea de reciclar o CO2 era moi costosa, este novo sistema abarataría os costos, pero así e todo o que aporta non é algo que poida enchernos de ledicia.

s2p_580x.jpgO sistema funciona do seguinte modo: Utiliza un reactor solar chamado Counter-Rotating Ring Receiver Reactor Recuperator o CR5, para dividir o dióxido de carbono en monóxido de carbono e osíxeno. No laboratorio o experimento funcionou, pero aínda non crearon un prototipo, anque esperan ter un para abril.

O prototipo será do tamaño dun barril de cervexa ou viño, con 14 aneis de ferrita de cobalto, cada un de 30 cm de diámetro e que xirarán a unha revolución por minuto. Un caldeiro solar de 88 metros cadrados dirixirá a luz solar cara a barrica, os aneis quecerán así ata 1426 º C. A esa temperatura a ferrita libera osíxeno. Cuando se arrefrían a 1090º C expoñense ao dióxido de carbono.

Como á ferrita de cobalto fáltalle agora osíxeno, roubao do CO2, e así deixa atrás ao monóxido de carbono, que serve para facer hidrocarbonos que á sua vez serven para facer metanol ou gasolina. Como a ferrita de cobalto volveu ó seu estado orixinal pode recomezar o proceso, e así esto convértese nun ciclo.

Pero implementar este prototipo a grande escala insumirá demasiado espazo y diñeiro, por iso é que os investigadores cren que o terán listo para dentro de 15 o 20 anos para escala industrial.

É sumamente interesante este invento, xa que pode axudarnos a lidiar hoxe mesmo cos problemas que temos, pero non hai tanto tempo para xuntar aa basura que deixa o petróleo.

miércoles, 9 de abril de 2008

A regra dos cinco minutos

Tradicionalmente díxose que as lámpadas de baixo consumo, gastaban moita enerxía ó ser encendidas polo que non merecía a pena apagalas, senón que era mellor deixalas encendidas para que non se desperdiciase esa enerxía que presuntamente se perdía ó prendelas. Pero todo iso é mentira, non é máis ca unha lenda urbana. Encender unha lámpada de baixo consumo non supón un gasto superior ó de telas encendidas normalmente, é dicir moi pouco. O que si que é certo é que estalas encendendo e apagando continuamente acorta un pouco a súa vida, que aínda así é unhas oito veces superior á dunha bombilla incandescente ( as tradicionais ) polo que isto tampouco supón ningún problema. Así que xa sabes, segue a regra dos cinco minutos, se non a vas necesitar pois apágaa.
Agora que xa sabes todo isto a que esperas para cambiar as lámpadas tradicionais polas de baixo consumo ?
Aforra enerxía e cartos.

lunes, 7 de abril de 2008

Hola mundo!! - presentación

Benvidos a un novo blog que ten como orixe o Instituto Laxeiro de Lalín. Esta bitácora tratará sobre todo tipo de temas relacionados co Medioambiente e cos seus coidados.
Somos un par de chavales de 3º ESO que como iniciativa para colaborar co proxecto "Axenda 21" que o noso instituto promove e está adherido decidimos crear un blog como medio de difusión das nosas accións e as dos nosos compañeir@s e de paso que servise como lugar de debate e de información sobre temas de índole medioambiental.
Aparte de nós, neste proxecto participan moitos alumn@s de todos os cursos e grupos, ademais de contar coa colaboración da dirección do centro e de diversos profesores como Rosa Mato ( de Física e Química ) que é a nosa cordinadora.
Ademais da creación deste blog, os participantes no xa mencionado proxecto " Axenda 21" estamos a levar a cabo diversos actos como o que se celebrou a pasada avaliación no salón de actos.
Na actualidade estamos a preparar outra destas accións que terá lugar no vindeiro mes de maio e que xa vos iremos comentando máis adiante a medida que dispoñamos de información máis concreta.