sábado, 21 de febrero de 2009

Carballos artificiais?

Carballos? e artificiais? Vendo o título, seguro que máis de un me tomaría por tolo, pero non, resulta que nós, ou sexa, os seres humanos, na nosa imparable carreira científica xa somos capaces de incluso, crear árbores pola nosa conta. 
En realidade, non son árbores como as que podemos atoparnos dando un paseo pola rúa, senón unhas enormes moles metálicas de ata 4 metros, pero que imitan as funcións dunha árbore natural. Estas "árbores" realizan unha especie de  fotosíntese e liberan o aire contaminado das cidades de pó, xérmenes e bacterias, ademais de reducir o impacto dos gases contaminantes dos automóbiles.
Na actualidade xa hay varios instalados en diferentes cidades do mundo e os estudos realizados están dando excelentes resultados, ademais, o seu custo non é moi elevado, polo que non se descarta que no futuro non sexan unha alternativa viable para loitar contra a contaminación.
De calquera xeito, por moito que inventen, eu non cambio os nosos carballos por ningunha árbore artificial, agardo que máis xente pense coma min.

0 comentarios: