miércoles, 29 de abril de 2009

Día da árbore








Na xornada do xoves 2 de Abril algúns dos membros do Comité Ambiental participamos de xeito activo na prantación de 50 árbores no paseo de O Regueiriño, acompañados por técnicos do Concello que nos asesoraron na tarefa.
Os freixos levan o nome de cada un de nós, que nos acredita como pais/nais.
Ademáis de coidar a saúde do noso planeta, recollimos landras e castañas na carballeira de Catasós "Monumento natural" da nosa comarca.
Tivemos a ocasión de colocar caixas- niño de paxaro no alto das árbores para procurarlle acubillo a unhas cuantas parellas.
Despois de esta especial actividade repuxemos forzas comendo algo na beira do río.
Disfrutamos moito da xornada e volveremos a visitar as nosas fillas para ver como van medrando.

domingo, 19 de abril de 2009

Axenda 21, o noso compromiso co planeta



Segundo a Academia Española da Lingua, entendemos como medioambiente o conxunto de circunstancias ou condicións exteriores a un ser vivo que inflúen no seu desenvolvemento e nas súas actividades, resumindo, medioambiente é todo aquilo que nos arrodea.
Día tras día vemos nos diferentes medios de comunicación noticias sobre o noso planeta, mellor dito, sobre as ameazas que se cernen sobre el, sobre este medio que nos arrodea, e, polo tanto, sobre as nosas vidas; e é que por mor das nosas actividades, estamos preto de chegar a un punto de non retorno en temas como o desxeo polar, a deforestación, a contaminación atmosférica, o máis que coñecido quecemento global… así como outros moitos problemas derivados dos nomeados ou que contribúen a causalos.
Por moito que os chamados escépticos non o acaben de crer, o certo é que a estas alturas existen suficientes informes científicos como para que negar os anteriores problemas sexa pouco máis ca unha estupidez xa que aínda que estes informes científicos non sexan demasiado exactos, que si o son, as evidencias son demasiadas, e ano tras ano sentimos con maior dureza os efectos que está a ocasionar todos estes cambios no medioambiente (inundacións, furacáns, secas…).


Pero dunha vez por todas, e para combater todos estes problemas e promover a educación medioambiental contamos con organismos e grupos de acción populares, un deles, é a Axenda 21, programa ó que o noso instituto está adscrito.
Pero que é a Axenda 21? A Axenda 21 somos todos: eu, ti, el, ela, nós, vós, eles, elas… Somos todos aqueles os que creemos que un cambio nos nosos hábitos é posible, que aínda que a situación sexa complicada, todos xuntos podemos revertila e traballar por un futuro sostible no que todos os seres vivos poidamos convivir en harmonía.
O ano pasado, o IES Laxeiro asinou o compromiso da Axenda 21, un programa das Nacións Unidas (ONU) para promover un desenvolvemento sostible a nivel mundial. Dende entón, e a través do comité medioambiental, dirixido pola profesora Rosa Mato, somos moitos os alumnos que colaboramos nesta iniciativa mediante pequenas accións como preparar papel reciclado, facer xabón ecolóxico reciclando aceite caseiro, escribindo un blogo… todo isto nos recreos e aprobeitando ó máximo ó noso tempo libre. En definitiva, poñer o noso gran de area nun proxecto mundial creendo, confiando, soñando cun cambio que poña solución, que free a dexeneración da Terra de cara a que as vindeiras xeracións, ou nós mesmos poidamos disfrutar dela moitos anos máis en todo o seu esplendor. Podemos facelo!