lunes, 4 de mayo de 2009

De obradoiro medioambiental


O outro día, e non me preguntedes pola data, que non a lembro exactamente, os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, tivestes a oportunidade de aprender algo máis sobre o cambio climático, o efecto invernadoiro, ámbitos ecoloxistas... mediante unha serie de prácticas que desenvolvimos eu e algún dos meus compañeiros de 4º que nos presentamos como voluntarios para facer de profesores por un día.
Por exemplo, unha das prácticas máis interesantes, trataba de como se producen os tornados na realidade; utilizando para reproducilo un par de botellas de auga unidas polo tapón. A auga, ó pasar dunha a outra, formaba un tornado tan real como os que se poden ver na realidade, aínda que obviamente moito máis inofensivo.
Noutra das prácticas, montamos unha depuradora caseira, con tan só pedras, area, un pouco de papel de filtro e botellas de auga (todo material reciclado). Logo vertemos auga completamente sucia, e, aínda que pareza incrible, a auga saíu completamente limpa tralo paso pola nosa depuradora.
Bueno, outro día sígobos contando como foi a experiencia, aínda que penso que non é preciso, a fin de contas, case todos viñestes a vernos. Deixovos unhas fotos da experiencia.


miércoles, 29 de abril de 2009

Día da árbore








Na xornada do xoves 2 de Abril algúns dos membros do Comité Ambiental participamos de xeito activo na prantación de 50 árbores no paseo de O Regueiriño, acompañados por técnicos do Concello que nos asesoraron na tarefa.
Os freixos levan o nome de cada un de nós, que nos acredita como pais/nais.
Ademáis de coidar a saúde do noso planeta, recollimos landras e castañas na carballeira de Catasós "Monumento natural" da nosa comarca.
Tivemos a ocasión de colocar caixas- niño de paxaro no alto das árbores para procurarlle acubillo a unhas cuantas parellas.
Despois de esta especial actividade repuxemos forzas comendo algo na beira do río.
Disfrutamos moito da xornada e volveremos a visitar as nosas fillas para ver como van medrando.

domingo, 19 de abril de 2009

Axenda 21, o noso compromiso co planeta



Segundo a Academia Española da Lingua, entendemos como medioambiente o conxunto de circunstancias ou condicións exteriores a un ser vivo que inflúen no seu desenvolvemento e nas súas actividades, resumindo, medioambiente é todo aquilo que nos arrodea.
Día tras día vemos nos diferentes medios de comunicación noticias sobre o noso planeta, mellor dito, sobre as ameazas que se cernen sobre el, sobre este medio que nos arrodea, e, polo tanto, sobre as nosas vidas; e é que por mor das nosas actividades, estamos preto de chegar a un punto de non retorno en temas como o desxeo polar, a deforestación, a contaminación atmosférica, o máis que coñecido quecemento global… así como outros moitos problemas derivados dos nomeados ou que contribúen a causalos.
Por moito que os chamados escépticos non o acaben de crer, o certo é que a estas alturas existen suficientes informes científicos como para que negar os anteriores problemas sexa pouco máis ca unha estupidez xa que aínda que estes informes científicos non sexan demasiado exactos, que si o son, as evidencias son demasiadas, e ano tras ano sentimos con maior dureza os efectos que está a ocasionar todos estes cambios no medioambiente (inundacións, furacáns, secas…).


Pero dunha vez por todas, e para combater todos estes problemas e promover a educación medioambiental contamos con organismos e grupos de acción populares, un deles, é a Axenda 21, programa ó que o noso instituto está adscrito.
Pero que é a Axenda 21? A Axenda 21 somos todos: eu, ti, el, ela, nós, vós, eles, elas… Somos todos aqueles os que creemos que un cambio nos nosos hábitos é posible, que aínda que a situación sexa complicada, todos xuntos podemos revertila e traballar por un futuro sostible no que todos os seres vivos poidamos convivir en harmonía.
O ano pasado, o IES Laxeiro asinou o compromiso da Axenda 21, un programa das Nacións Unidas (ONU) para promover un desenvolvemento sostible a nivel mundial. Dende entón, e a través do comité medioambiental, dirixido pola profesora Rosa Mato, somos moitos os alumnos que colaboramos nesta iniciativa mediante pequenas accións como preparar papel reciclado, facer xabón ecolóxico reciclando aceite caseiro, escribindo un blogo… todo isto nos recreos e aprobeitando ó máximo ó noso tempo libre. En definitiva, poñer o noso gran de area nun proxecto mundial creendo, confiando, soñando cun cambio que poña solución, que free a dexeneración da Terra de cara a que as vindeiras xeracións, ou nós mesmos poidamos disfrutar dela moitos anos máis en todo o seu esplendor. Podemos facelo!

sábado, 21 de febrero de 2009

Carballos artificiais?

Carballos? e artificiais? Vendo o título, seguro que máis de un me tomaría por tolo, pero non, resulta que nós, ou sexa, os seres humanos, na nosa imparable carreira científica xa somos capaces de incluso, crear árbores pola nosa conta. 
En realidade, non son árbores como as que podemos atoparnos dando un paseo pola rúa, senón unhas enormes moles metálicas de ata 4 metros, pero que imitan as funcións dunha árbore natural. Estas "árbores" realizan unha especie de  fotosíntese e liberan o aire contaminado das cidades de pó, xérmenes e bacterias, ademais de reducir o impacto dos gases contaminantes dos automóbiles.
Na actualidade xa hay varios instalados en diferentes cidades do mundo e os estudos realizados están dando excelentes resultados, ademais, o seu custo non é moi elevado, polo que non se descarta que no futuro non sexan unha alternativa viable para loitar contra a contaminación.
De calquera xeito, por moito que inventen, eu non cambio os nosos carballos por ningunha árbore artificial, agardo que máis xente pense coma min.

sábado, 14 de febrero de 2009

Dí non ás bolsas de plástico

Según estudios científicos as micropartículas de plástico inxeridas polos animais poden chegar a entrar na cadea alimentaria dos seres humáns. O video móstranos que no mar todo o que flota parece para os peixes, tortugas e outros mamíferos de xeito que a gran maioria morren por atragantamento e outros que corren mellor sorte acaban incorporando pequenos restos de estos polimeros que non poden dixerir os seus aparellos dixestivos. Estos peixes que chegan ás nosas mesas, que consecuencias poden ter para nós?

domingo, 1 de febrero de 2009

CONSUMIDORES SOSTIBLES




O noso proxecto para este curso:

Trataremos o noso lixo para reducir o noso consumo.
  • Elaboramos xabón a partir do aceite usado nas nosas casas.
  • Participamos na II Feira da sostenibilidade de Lalín.
  • Estudamos cos titores os procesos de reciclaxe.
  • Realizamos unha enquisa no pobo para concienciar na separación de residuos.
  • Estamos empezando a reciclar papel das nosas aulas.
  • Con papel e cola daremos forma ás nosas caroutas para o entroido.
  • Imos construir unha parede de briks para facer unha obra de arte.
  • Presentamos mascotas e poemas para o concurso da Ax 21.

Podes participar nas nosas actividades e tamén traer moitos briks da túa casa....

ESPERÁMOSTE....