lunes, 4 de mayo de 2009
De obradoiro medioambiental
Publicado por dAvid en 10:03 0 comentarios
Etiquetas: Actividades
miércoles, 29 de abril de 2009
Día da árbore
Na xornada do xoves 2 de Abril algúns dos membros do Comité Ambiental participamos de xeito activo na prantación de 50 árbores no paseo de O Regueiriño, acompañados por técnicos do Concello que nos asesoraron na tarefa.
Os freixos levan o nome de cada un de nós, que nos acredita como pais/nais.
Ademáis de coidar a saúde do noso planeta, recollimos landras e castañas na carballeira de Catasós "Monumento natural" da nosa comarca.
Tivemos a ocasión de colocar caixas- niño de paxaro no alto das árbores para procurarlle acubillo a unhas cuantas parellas.
Despois de esta especial actividade repuxemos forzas comendo algo na beira do río.
Disfrutamos moito da xornada e volveremos a visitar as nosas fillas para ver como van medrando.
Publicado por Rosa en 11:39 0 comentarios
domingo, 19 de abril de 2009
Axenda 21, o noso compromiso co planeta
Día tras día vemos nos diferentes medios de comunicación noticias sobre o noso planeta, mellor dito, sobre as ameazas que se cernen sobre el, sobre este medio que nos arrodea, e, polo tanto, sobre as nosas vidas; e é que por mor das nosas actividades, estamos preto de chegar a un punto de non retorno en temas como o desxeo polar, a deforestación, a contaminación atmosférica, o máis que coñecido quecemento global… así como outros moitos problemas derivados dos nomeados ou que contribúen a causalos.
Por moito que os chamados escépticos non o acaben de crer, o certo é que a estas alturas existen suficientes informes científicos como para que negar os anteriores problemas sexa pouco máis ca unha estupidez xa que aínda que estes informes científicos non sexan demasiado exactos, que si o son, as evidencias son demasiadas, e ano tras ano sentimos con maior dureza os efectos que está a ocasionar todos estes cambios no medioambiente (inundacións, furacáns, secas…).
Pero dunha vez por todas, e para combater todos estes problemas e promover a educación medioambiental contamos con organismos e grupos de acción populares, un deles, é a Axenda 21, programa ó que o noso instituto está adscrito.
Pero que é a Axenda 21? A Axenda 21 somos todos: eu, ti, el, ela, nós, vós, eles, elas… Somos todos aqueles os que creemos que un cambio nos nosos hábitos é posible, que aínda que a situación sexa complicada, todos xuntos podemos revertila e traballar por un futuro sostible no que todos os seres vivos poidamos convivir en harmonía.
O ano pasado, o IES Laxeiro asinou o compromiso da Axenda 21, un programa das Nacións Unidas (ONU) para promover un desenvolvemento sostible a nivel mundial. Dende entón, e a través do comité medioambiental, dirixido pola profesora Rosa Mato, somos moitos os alumnos que colaboramos nesta iniciativa mediante pequenas accións como preparar papel reciclado, facer xabón ecolóxico reciclando aceite caseiro, escribindo un blogo… todo isto nos recreos e aprobeitando ó máximo ó noso tempo libre. En definitiva, poñer o noso gran de area nun proxecto mundial creendo, confiando, soñando cun cambio que poña solución, que free a dexeneración da Terra de cara a que as vindeiras xeracións, ou nós mesmos poidamos disfrutar dela moitos anos máis en todo o seu esplendor. Podemos facelo!
Publicado por dAvid en 17:04 0 comentarios
Etiquetas: Axenda 21
sábado, 21 de febrero de 2009
Carballos artificiais?
Publicado por dAvid en 18:30 0 comentarios
Etiquetas: Descubrimentos científicos
sábado, 14 de febrero de 2009
Dí non ás bolsas de plástico
Según estudios científicos as micropartículas de plástico inxeridas polos animais poden chegar a entrar na cadea alimentaria dos seres humáns. O video móstranos que no mar todo o que flota parece para os peixes, tortugas e outros mamíferos de xeito que a gran maioria morren por atragantamento e outros que corren mellor sorte acaban incorporando pequenos restos de estos polimeros que non poden dixerir os seus aparellos dixestivos. Estos peixes que chegan ás nosas mesas, que consecuencias poden ter para nós?
Publicado por Rosa en 2:26 0 comentarios
domingo, 1 de febrero de 2009
CONSUMIDORES SOSTIBLES
- Elaboramos xabón a partir do aceite usado nas nosas casas.
- Participamos na II Feira da sostenibilidade de Lalín.
- Estudamos cos titores os procesos de reciclaxe.
- Realizamos unha enquisa no pobo para concienciar na separación de residuos.
- Estamos empezando a reciclar papel das nosas aulas.
- Con papel e cola daremos forma ás nosas caroutas para o entroido.
- Imos construir unha parede de briks para facer unha obra de arte.
- Presentamos mascotas e poemas para o concurso da Ax 21.
Podes participar nas nosas actividades e tamén traer moitos briks da túa casa....
ESPERÁMOSTE....
Publicado por Rosa en 8:31 0 comentarios
viernes, 5 de diciembre de 2008
Como funciona a enerxía solar?
En principio, a forma na que se captura a luz do sol para convertela en electricidade faise a través de paneis solares compostos de grupos das coñecidas como células ou celdas solares que son as responsables de transmitir a enerxía luminosa en enerxía eléctrica.
Esta enerxía concéntrase nun circuito para aumentar a tensión de saída da electricidade para poder se utilizada tras pasar por un convertidor de potencia, de xeito, que obteñamos corrente alterna que é a que utilizamos nas nosas casas.
Unha célula solar funciona do seguinte xeito: os fotóns que proveñen da radiación solar, impactan sobre a superficie da célula e son absorvidos por materiales semiconductores como o silicio. Os fotóns golpean ós electróns liberándoos dos átomos ós que perteñecían, así, os electróns comezan a circular polo material producindo a electricidade.
Este procedemento, é utilizado en todos os procesos de producción de enerxía solar a través de paneis. Estes paneis, están formados por células de silicio, un material moi abundante no planeta, pero dificil de preparar para a súa utilización, polo que se está investigando en novos materiais para os paneis solares do futuro.
A verdade é que quedoume unha entrada un tanto aburrida e complexa, pero bueno, espero que vos quede máis claro como se produce gran parte da enerxía que consumimos, e, sobre todo, como se xerará a enerxía do futuro.
Publicado por dAvid en 14:05 0 comentarios
Etiquetas: Aforro de enerxía, Enerxía solar